O Concello dispón de máis dun millón e medio de euros para subvencionar as ARI

As axudas, provintes do Ministerio de Fomento e a Xunta, permitirán executar as Áreas de Rehabilitación Integral de Vista Alegre, Vite, Pontepedriña e a Cidade Histórica

A Xunta de Goberno extraordinaria celebrada este luns deu vía libre ao programa de subvencións, procedentes de fondos da Xunta e do Ministerio de Fomento, que permitirá atender as necesidades das denominadas Áreas de Rehabilitación Integral —ARI— de Compostela. A contía total supera os 1.650.000 euros, unha cifra “insuficiente” para o Concello, que pretendía afrontar os proxectos das ARI de Pontepedriña, Vista Alegre, Vite e a Cidade Histórica cun orzamento que rondase os dous millóns e medio de euros. Unha das actuacións máis ambiciosas levarase a cabo no barrio de Vite.

Converter a zona histórica nunha zona “agradable”

A principal novidade desta convocatoria foi a inclusión dos proxectos de Vite e Pontepedriña, e o obxectivo do plan reitor é mellorar as condicións de accesibilidade e habitabilidade das vivendas compostelás, salientando neste aspecto a instalación de ascensores naqueles edificios que carecen deles. Na Cidade Histórica desenvolverase outro potente plan que tenta convertir o centro neurálxico de Compostela nunha “zona agradable” para habitar.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Estas subvencións poderán cubrir até o 45% do proxecto de rehabilitación de cada edificio, cun montante máximo de 14.000 euros por vivenda. Así e todo, o Concello traballa na confección dunha liña de axudas paralela que permita cubrir a totalidade do custo da obra a aquelas familias cos niveis de renda máis baixos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -