Home Programas Espazo Aberto Compostela, disconforme coas partidas orzamentarias da Xunta

Compostela, disconforme coas partidas orzamentarias da Xunta

0
Compostela, disconforme coas partidas orzamentarias da Xunta

Os investimentos que a Xunta prevé para Compostela no ano 2018 non cumpren coas expectativas. O alcalde e a concelleira de Economía, en compañía das deputadas de En Marea Luca Chao e Antón Sánchez, presentaron nove emendas para aumentar en cinco millóns de euros o orzamento estimado para a cidade.

Capitalidade

A proposta máis ambiciosa consistiría en incrementar a partida pola capitalidade de Compostela en tres millóns de euros. Asemade, a corporación municipal denunciou a pasividade da Xunta no tocante ó gasto social.

Luca Chao: “As prioridades de En Marea son as de Compostela Aberta”

A concelleira destacou tamén como prioritario o aumento do número de prazas da Escola de Idiomas e do Conservatorio de música, sen esquecer a importancia de investir en políticas de igualdade de xénero, para o cal insta á Xunta a destinar o 1% do seu orzamento a este tipo de medidas.