O concello de Santiago destinará un total de 3,3 millóns de euros a obras en todo o termo municipal aproveitando parte dos remanentes de que dispón. Explicouno en rolda de prensa a alcaldesa en funcións e concelleira de Economía, Facenda e Administración, María Rozas, acompañada polo concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña.
- Obras no campo da festa do Castiñeiriño
- Substitición dos vidros na marquesiña de Xoán XXIII
- Reforma do aparcadoiro da rúa do Olvido
- Melloras na accesibilidade: rúas da Estrada, Santas Mariñas e Picaños
- Melloras en Vista Alegre
- Reparación da calzada no Espírito Santo
- Reurbanización da rúa Cancelas
Débeda pendente co rural
O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial explicou que tamén se realizarán actuacións moi demandadas polas parroquias de Barciela e Cesar. Rafael Peña considerounas “históricas” polo estado de abandono en que se atoparon con anteriores gobernos municipais.
As actuacións previstas nestas parroquias están orzamentadas en practicamente 300.000 e pretenden mellorar os accesos dende o cruce da N-550 na Barciela e ata Casas de Arriba en Cesar.
Rafael Peña tamén anunciou obras de acondicionamento e mellora nos centros socioculturais de Bornais, A Peregrina e Grixoa, cun orzamento de 85.000 euros.