
A Xunta de Goberno aproba iniciar o proceso de licitación das obras de reurbanización na rúa das Cancelas, cun orzamento estimado de 200.000 euros. O principal obxectivo desta actuación é aumentar a seguridade dos percorridos peonís, para o que se construirán novas beirarrúas naqueles tramos que carezan delas. As obras teñen un prazo de execución de tres meses, e o Concello agarda poder comezalas dentro do primeiro trimestre do 2018.
A estimación é que poidan comezar ben avanzado o primeiro trimestre do ano que vén
Así e todo, a Xunta de Goberno acordou incorporar seis proxectos de reordenación do viario municipal ó programa EDUSI. As actuacións dispoñen dun orzamento de 200.000 euros, dos cales 160.000 procederían dos fondos FEDER. O Concello buscará tamén o cofinanciamento europeo para o proxecto de mellora nas rúas de Batalla de Clavijo e anexas, orzamentado en máis de medio millón de euros.
Outros asuntos
Por outra banda, o Concello solicita á Deputación da Coruña unha subvención de 200.000 euros que cubra o 80% do orzamento previsto para as obras de rehabilitación da Casa das Máquinas.