O Concello de Santiago leva a xuizo á familia Franco polas esculturas do Mestre Mateo tal e como informou hoxe @martinhonoriega pic.twitter.com/tEqS4KWf1F
— Nós Televisión (@NosTelevision) October 27, 2017
A familia Franco non respondeu á petición de devolución das esculturas que cursou o Concello de Santiago. Pasado o prazo o goberno municipal decidiu interpor unha demanda xudicial como explicou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.
Para presentar a demanda o alcalde explicou que recolleran toda a documentación precisa para que se conseguir que as esculturas queden en Compostela. Tamén sinalou que as esculturas quedarían en exposición no Museo da Catedral.
Será un xuizo civil e terá lugar en Madrid posto que o domicilio da familia Franco está nesa cidade española.
https://nostelevision.gal/aparece-documentacion-proba-as-esculturas-mestre-mateo-poder-dos-franco-concello-de-santiago/