Home Programas Área Compostela Concello de Santiago e Fundación ONCE alíanse coa integración social e laboral das persoas con discapacidade

Concello de Santiago e Fundación ONCE alíanse coa integración social e laboral das persoas con discapacidade

0
Concello de Santiago e Fundación ONCE alíanse coa integración social e laboral das persoas con discapacidade

A discapacidade non ten que impedir a integración social e laboral das persoas. Con esta idea o concello de Santiago asinou hoxe no Pazo de Raxoi un convenio con Inserta, entidade sen ánimo de lucro promovida pola Fundación ONCE. Este acordo implica a colaboración en programas de captación, orientación e inserción laboral de persoas con discapacidade do municipio e tamén accións de sensibilización como explicou Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo aos medios de comunicación.

A propia Fundación ONCE deu a coñecer os datos que avalan a realización deste tipo de iniciativas. O 10% da poboación do Estado español ten algún tipo de discapacidade e desta porcentaxe, só unha de cada catro persoas traballan. Na base de demandantes de emprego da Fundación ONCE están inscritas na actualidade máis de 200.000 persoas.