Home Programas Área Compostela O Concello de Santiago aumenta as axudas para proxectos asociativos en materia de igualdade

O Concello de Santiago aumenta as axudas para proxectos asociativos en materia de igualdade

0
O Concello de Santiago aumenta as axudas para proxectos asociativos en materia de igualdade

O concello de Santiago este ano incrementa e redistribúe apostando pola transversalidade as axudas a entidades que realicen actividades a favor da igualdade entre homes e mulleres, e de prevención e loita contra a violencia machisto. Explicouno a concelleira de Igualdade, Marta Lois, en rolda de prensa no Pazo de Raxoi ao tempo que informaba de que se aumentaba a partida orzamentaria para pasar de 20.000 a 27.000 euros.

Entidades beneficiadas

Entre as asociacións beneficiadas esta edición coas axudas para proxectos de igualdade figuran, entre outras a Asociación Veciñal e Cultural Brañas de Sar, a Asociación de Veciños Camiño de Santiago, a Asociación de Persoas Xordas de Santiago, a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia a Asociación para a Promoción e Integración das Mulleres Galegas do Rural e o Sindicato Labrego Galego.

As actividades que desenvolverán as asociacións beneficiarias das subvencións van desde obradoiros de empoderamento e de visibilización da muller en ámbitos polo de agora exclusivamente masculinos, ata cursos integrais para mulleres.