Home Programas Área Compostela O Concello de Santiago aposta por un novo e ambicioso mapa de rutas do transporte público

O Concello de Santiago aposta por un novo e ambicioso mapa de rutas do transporte público

0
O Concello de Santiago aposta por un novo e ambicioso mapa de rutas do transporte público

O novo Pacto pola Mobilidade xa é unha realidade. O Concello presenta a nova rede de transporte público, que xorde como froito da participación cidadá grazas á mediación de numerosos colectivos e asociacións veciñais. O proxecto presenta dúas vertentes: a tradicional rede urbana e unha nova no rural, que chegará a cinco parroquias dos arredores e funcionará segundo a demanda da veciñanza. Con este novo deseño, simplifícanse as liñas de autobús e proxéctanse doce: tres troncais, tres circulares, catro radiais e unha periférica, que recibirá o nome de liña 0.

Raxoi aposta  por unha rede mellor adaptada ás características da cidade, máis eficiente, con maior cobertura xeográfica

Outra das principais características deste proxecto é a renovación dun mínimo de 25 vehículos cara ó ano 2020, mantendo unha forte aposta polos híbridos e os eléctricos. Así e todo, a flota aumentará de 42 a 60 autobuses. Todos eles contarán cunha dobre rampla e “maiores niveis de confort” que garantan a accesibilidade de tódalas cidadás e cidadáns de Compostela.

Queremos dignificar o transporte público

A mediados do ano 2018 comezará a primeira fase de implantación deste novo plan de transporte. Abrirase un período de transición no que funcionarán once destas novas liñas, xestionadas polo Concello, máis outras catro cuxa concesión coa Xunta finalizará en 2020.

https://nostelevision.gal/compostela-tera-un-pacto-local-de-mobilidade-consensuado/