O Concello de Santiago amplía locais de ensaio no Centro Xove da Almáciga

Novos locais de ensaio para os grupos musicais de Compostela

Ofertar espazos de calidade para que os grupos de música dacidade poidan ensaiar é o obxectivo que se marcou a concellaría de Mocidade que dirixe a edil Noa Morales.

De San Lázaro ata a Almáciga

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

coa habilitación destes locais de ensaio, darase saída a unha demanda histórica nesta cidade

Para conseguilo, este departamento habilitará novos espazos no Centro Xove da Almáciga evitando que os destinatarios e destinatarias teñan que desprazarse, como fan na actualidade, ata as instalacións do Estadio de San Lázaro. Prevese que os novos espazos estean listos nun mes e medio.

Noa Morales na presentación das obras

Na actualidade veñen ensaiando nos locais municipais uns 50 grupos, unha cifra que, coa mellora das condicións, agarda a concelleira que se incremente. O orzamento destinado para estas obras é de algo máis de 37.800 euros e consistirá na habilitación dun espazo de practicamente 100 metros cadrados útiles onde haberá 3 salas, un estudo de gravación e un pequeno espazo como almacén

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -