A Xunta de Goberno do concello de Santiago acordou iniciar expedientes sancionadores á empresa responsable das obras de Vista Alegre polos atrasos na execución dos traballos correspondentes ás Fases I e II do proxecto. O contratista Eulogio Viñal terá un prazo de 15 días hábiles para presentar as súas alegacións, antes de que se fixen as penalidades correspondentes.
Posible sanción
No caso da Fase I, a sanción á que se enfronta a empresa é de 100 euros por día de atraso, mentres que no tocante á Fase II, o contratista podería ter que pagar ata 300 euros por día de atraso.
Outros asuntos
Na mesma xunta de goberno tamén se adxudicou o contrato para a construcción dun Parque disuasorio na Sionlla. Ademais tamén se adxudicou as obras do pavillón do colexio Apóstolo Santiago. Por último outro dos acordos foi a aprobación do Proxecto de Rexeneración do pavimento da calzada do eixo das rúas Ponte Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar.