O concello de Lalín reporá a cuberta do Museo Municipal “Ramón María Aller”

Logo de anos en mal estado, o concello de Lalín reporá a cuberta do Museo Municipal “Ramón María Aller” aproveitando a concesión dunha achega de 45.710,48 euros con cargo á Liña 1 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. A concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, explicou que xa solicitou autorización do servizo de Patrimonio da Xunta de Galicia para desenvolver as actuacións, xa que o museo está incluído dentro do catálogo de bens protexidos do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

Tres meses

Na actuación que se realizará levantarase a chapa de fibrocemento e da tella curva da cuberta, así como tamén as madeiras de base que se atopan en mal estado. Colocaranse pranchas de fibrocemento, sobre a que se emprazarán novas tellas de curva vermella, con pezas especiais, cabaletes e limas. A actuación rematarase coa instalación dun canalón de cobre e varias reparacións interiores de revestidos e pintados. Lara Rodríguez calcula que o prazo para a correcta realización destas obras estímase en tres meses como máximo, unha vez estean adxudicadas

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -