Home Programas Espazo Aberto O Concello de Lalín explicará o “catastrazo” polas parroquias

O Concello de Lalín explicará o “catastrazo” polas parroquias

0
O Concello de Lalín explicará o “catastrazo” polas parroquias

O goberno municipal de Lalín desenvolverá entre o 2 e o 7 de setembro unha serie de charlas polas parroquias do municipio para explicar á cidadanía o proceso de regularización catastral impulsado polo goberno central dende Madrid e de obrigado cumprimento para as administracións locais. O concello activou xa un servizo de información á cidadanía no ORAL e agora quere achegar toda a información necesaria á zona rural.

Calendario

O ciclo dará comezo este sábado, ás 11 horas, no local social de Cercio. A esta sesión están chamadas a participar as veciñas e veciños de Cercio, Galegos, Val, Camposancos, Cello, Palio e Rodís. O mesmo día, ás 12:45, o auditorio de Muimenta acollerá a sesión destinada aos veciños desta parroquia así como aos de Cangas, Cadrón, Parada, Alperiz e A Veiga. Xa pola tarde, ás 17 h., o “teleclub” de Losón reunirá á veciñanza desta parroquia e da de Busto.

O domingo, día 3, terán lugar outras 3 charlas: No local social de Maceira, ás 11 h. (Maceira, Alemparte, Alvarellos, Castro de Cabras). Local social de Sello, 17 h., (Sello, Palmou, Erbo, Fontecabalos). Local social de Bermés, ás 19 h. (Bermés, Méixome e Santiso). O calendario continúa o luns, 4 de setembro no local social de Donramiro, ás 20 h., (Donramiro, Donsión e Botos) e no local social de Vilanova, ás 21:30 h., (Vilanova e Doade). O martes, 5 de setembro terán lugar no local social de Cristimil, ás 20 h., (Cristimil, Gresande e Anseán) e no local social de Moneixas, ás 21:30 h. (Moneixas e Castasós). O mércores, 6 de setembro no local social de Filgueira, ás 20 h., (Filgueira e Bendoiro) e no Auditorio de Vilatuxe, ás 21:30 h., (Vilatuxe, Barcia, Soutolongo, Lodeiro, Lebozán e Zobra). Rematarán o xoves, 7 de setembro no local social de Noceda, ás 20 h., (Noceda, Anzo, Madriñán e Prado) e no local social de Goiás, ás 21:30 h., (Goiás, Xaxán e Lalín de Arriba).