Home Programas Área Compostela O concello dálle 15 días aos Franco para que devolvan as esculturas

O concello dálle 15 días aos Franco para que devolvan as esculturas

0
Requerimento formal do Concello de Santiago

O Concello non deixou pasar o tempo. Carmen Franco Polo xa ten nas súas mans un requerimento do concello de Santiago para que devolva as esculturas do Mestre Mateo que obran no seu poder e que forman parte do patrimonio municipal. O escrito está asinado polo propio alcalde, Martiño Noriega, e nel solicítaselle que recoñeza que as estatuas son propiedade do concello.

15 días

Se o concello non obtén resposta no prazo establecido de quince días a Corporación municipal exercería as accións legais procedentes en defensa dos dereitos e intereses lexítimos da cidadanía de Compostela e do seu patrimonio histórico-artístico. Por outro lado a Fundación Francisco Franco anunciou que este venres se reanudarán as visitas ao Pazo de Meirás.

Aparece a documentación que proba que as esculturas do Mestre Mateo en poder dos Franco son do Concello de Santiago