Home Programas Área Compostela Concello e Consorcio seguen adiante co ambicioso proxecto de reforma do Museo do Pobo Galego

Concello e Consorcio seguen adiante co ambicioso proxecto de reforma do Museo do Pobo Galego

0
Concello e Consorcio seguen adiante co ambicioso proxecto de reforma do Museo do Pobo Galego

A Xunta de Goberno aproba a segunda fase do Plan Director do Conxunto de San Domingos de Bonaval, que permitirá ampliar a superficie do Museo do Pobo Galego e continuar co seu proceso de conversión nun “Museo Nacional de Galicia”.

Facer do Museo do Pobo Galego o “gran museo de Páis”

Este proxecto, no que o Consorcio investirá preto de dous millóns de euros até o vindeiro Ano Santo, comezará por unha achega de 400.000 euros en 2018.

Outros asuntos

Por outra banda, o Concello decidiu suspender, até o vindeiro mes de maio, o inicio das obras de mellora no pavillón do CEIP Apóstolo Santiago. Deste xeito, garántese o normal desenvolvemento da programación deportiva durante o período lectivo. Nesta actuación, investiranse 300.000 euros co obxectivo de mellorar a accesibilidade ao recinto. A empresa adxudicataria comprende a situación e renuncia a calquera compensación económica por danos e prexuízos.

Noutra orde de asuntos, o Concello de Santiago adheriuse ao convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a FEGAMP para programas de atención e protección da saúde. Este tratado financiarase con fondos autonómicos, para o cal se destinará unha partida superior ó medio millón de euros.