O novo contrato introduce melloras e ten un orzamento de 1.200.000 euros anuais e permanecerá vixente dous anos, con opción a prorrogalo até o 2021.
a adxudicación do servizo responde a un prego moi ambicioso e moi estrito, que se elaborou pensando nas moitas eivas que viña presentando a rede de centros cívicos
Ademais, como novidades, o novo contrato céntrase en novas temáticas de actividades como a participación cidadá, a economía social e sustentable ou as competencias dixitais
Tal e como xa estaba anunciado, ademais, Raxoi non quere máis problemas derivados da xestión dos gobernos anteriores sobre a cesión ilegal de traballadores. Desta volta, semella, o Concello si actúa co rigor e a responsabilidade precisa.