O conselleiro @RomanLalin desbota a compra ou a expropiación do #pazodemeirás https://t.co/Om90LAUPIO pic.twitter.com/w0m4gKq5pD
— Nós Televisión (@NosTelevision) September 11, 2017
O Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, xustifica as recentes declaracións de Feijóo nas que desbotaba calquera opción por expropiar o Pazo de Meirás.
O conselleiro de Educación e Cultura explicou deste xeito as palabras do presidente daXunta que aseguraba que non ía utilizar “mecanismos franquistas para conseguir un ben que o ordenamento xurídico actual protexe de acordo co seu titular rexistral”.