“Con esta estratexia o PP está asumindo por anticipado a súa derrota”

A edil de Participación e rexeneración democrática debía declarar hoxe ante a denuncia imposta polo PP coruñés debido á cesión do antigo cárcere da cidade. A xuíza pospón a declaración por mor da necesidade do xulgado e da defensa de analizar a ampliación da querela presentada polo PP

” Con esta manobra pretenden desmobilizar ao electorado da Marea Atlántica”. Así, diante das cámaras de Nós Televisión, Ferreiro achaca esta nova manobra ao “previsible arquivo da causa” e acusa ao Partido Popular de seguir unha “estratexia dilatoria” coa querela que presentou sobre a cesión da antiga prisión a Proxecto Cárcere incrementando as súas acusacións contra el mesmo e o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela; porque, segundo di, “hai moitas ganas de conseguir unha foto dalgún concelleiro ou de min mesmo entrando no xulgado”.

- Publicidade -