Home Programas Área Compostela A comunidade norteamericana preparada para a noite electoral

A comunidade norteamericana preparada para a noite electoral

0
A comunidade norteamericana preparada para a noite electoral

No día de hoxe os Estados Unidos votan. Ante dous candidatos con facetas tan diferentes, o mundo paralízase á agarda dos resultados. Falamos con Jessica Mackowick, unha estadounidense afincada en Santiago de Compostela e propietaria do local Lusco Fusco.

Jessica non dubida en amosar o seu temor ante unha posible presidencia de Donald Trump, a quen considera, entre outras cousas, “pouco diplomático“.

Mentres que Clinton e Obama, por motivos de partido, seguirían unhas liñas similares, a diferenza con Trump podería supoñer un cambio de rumbo radical nos Estados Unidos.

Tamén hai medo en Compostela pola posible Presidencia de Donald Trump

O local Lusco Fusco abrirá as súas portas a partir das nove da noite co obxectivo de seguir as Eleccións. Tal e como nos indicou a propia propietaria do local, os cidadáns estadounidense viven o proceso electoral como unha festa. O entusiasmo que o caracteriza, xa nolo deixan entrever os propios debates en campaña que alí se celebran. En palabras de Jessica, haberá que esperar ata a madrugada para ver se a celebración pódese facer efectiva ou, polo contrario, se o temor invade o corpo dos alí presentes.