A primeira hora da mañá, Compromiso por Galicia realizou unha homenaxe floral no Panteón de Galegos ilustres e, posteriormente un acto no parque Eugenio Granell onde, o seu secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro, reclamou a defensa da dignidade para o país. Nestes actos participaron, ademais, o seu Presidente, Xoán Báscuas, os alcaldes de Lalín e Muros, Rafael Cuíña e María Xosé Alfonso. Tamén acompañou estes actos o senador do PNV, José María Cazalis.
Compromiso por Galicia xunta aos seus alcaldes e apela á dignidade neste 25 de Xullo
A organización galeguista celebrou os seus actos do Día da Patria do Parque Eugenio Granell