Unha delegación de Compromiso por Galicia encabezada polo seu secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro, visitou esta pasada fin de semana Euskadi para coñecer de preto o funcionamento organizativo do PNV, coñecer a súa Fundación e manter conversas de cara a unha posible candidatura conxunta ás vindeiras eleccións europeas.
Compromiso por Galicia, desde a súa fundación, mantén moi boas relacións con esta formación política vasca chegando, mesmo, a compartir apoio nas últimas eleccións con visitas a Euskadi e a Galiza.
- Máis información: Urkullu (PNV) pide o voto para Compromiso por Galicia
O apoio do PNV ao PP nos Orzamentos Xerais tamén centrou o diálogo
Piñeiro xustifica o apoio do pnv aos orzamentos do estado: “o que lles importa é que os vascos vivan ben e era unha oportunidade para negociar ben”
O Secretario Xeral de Compromiso por Galicia explicou que nas conversas que mantivo cos principais dirixentes do Partido Nacionalista Vasco tamén se falou de temas de actualidade e, en especial, do polémico apoio desta organización aos Orzamentos Xerais do Estado.