Compromiso por Galicia renovarase no seu 2º Congreso Nacional

Teo acollerá o vindeiro sábado 21 de xaneiro un encontro decisivo para esta formación nacionalista

Compromiso por Galicia presentou hoxe na súa sede central en Compostela o que será o seu 2º Congreso Nacional no que será elixido como novo Secretario Xeral Juan Carlos Piñeiro Docampo. O Secretario Nacional de comunicación desta formación, Manoel Vello explicou a importancia desta convocatoria para o futuro da formación galeguista.

A culminación dunha etapa en Compromiso

“Desde a constitución de Compromiso, este é o congreso máis importante”  Nós Televisión conversa con manoel vello, secretario nacional de comunicación de compromiso por galicia

Ao Consello Político Nacional de Compromiso por Galicia, composto por 30 persoas, 15 mulleres e 15 homes, presentáronse un total de 43 candidaturas. Para a Secretaria Xeral presentouse unha única candidatura, a de Juan Carlos Piñeiro.

Piñeiro. Compromiso
Juan Carlos Piñeiro encabezou nas pasadas eleccións galegas a candidatura de Compromiso pola provincia de Lugo

Pola súa banda, o Secretario Nacional de Comunicación da formación galeguista sinalou diante das cámaras de Nós Televisión que esta formación traballa co horizonte das vindeiras eleccións municipais que terán lugar no ano 2019. O Congreso celebrarase baixo o lema “Renovando o galeguismo. Nova organización. Novas accións” e terá lugar en Teo o vindeiro sábado 21 de xaneiro.

- Publicidade -