Esta mañá tivo lugar a inauguración do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación da Península Ibérica, que está situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, salientou a aposta de futuro que se fai pola formación na rehabilitación.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fixo fincapé en que se trata dun proxecto pioneiro en España.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Unha tarefa pendente desde 2011

Este proxecto remóntase ao ano 2011, pero as obras non comezaron ata setembro de 2013. Para a súa posta en marcha, destinouse un investimento de 8,1 millóns de euros, dos que 5,3 foron achegados pola Fundación, 2,1 polo Consorcio de Santiago e 700.000 euros pola Xunta.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -