Home Programas Área Compostela Compostela visibiliza ás mulleres que “fan do cotián algo especial”

Compostela visibiliza ás mulleres que “fan do cotián algo especial”

0
Compostela visibiliza ás mulleres que “fan do cotián algo especial”

Compostela convértese nun museo ao aire libre no que as mulleres toman a palabra. O fotógrafo Gabriel Tizón inaugura a súa mostra fotográfica “Espellos de pedra”, unha colección de 18 imaxes de mulleres anónimas da cidade que tenta pór en valor que “é o pobo quen fai o pobo”, e que son estas mulleres as que “poñen en funcionamento a cidade”.

O Concello valora esta iniciativa que axuda a visibilizar a todas aquelas mulleres que carecen habitualmente de voz propia, e mesmo permanecen no total anonimato. Trátase de nais, fillas, avoas, traballadoras… Todas elas veciñas da cidade que “fan do cotián algo moi especial” malia pasaren desapercibidas entre a veciñanza no seu día a día.

Exposición aberta á cidade

As fotografías están expostas nos lugares máis emblemáticos da cidade, tales como a praza do Obradoiro, Virxe da Cerca, o Mercado de Abastos, o Museo do Pobo Galego, a praza de Cervantes ou a praza da Quintana, e permanecerán expostas até o sábado 31 de marzo.