Home Programas Área Compostela Compostela vibra ao son da ‘Regueifesta’

Compostela vibra ao son da ‘Regueifesta’

1
Compostela vibra ao son da ‘Regueifesta’

A regueifa consolídase como unha vertente da improvisación oral en verso que atrae a cada vez máis mozos e mozas. Este mércores, o certame ‘Regueifesta’ encheu o Auditorio de Galicia de música, sonoridade e tradición, grazas a un evento que ten como obxectivo fomentar o emprego da lingua galega entre a mocidade.

Participaron artistas como Alba María ou Manolo Maseda

Ao evento acudiu preto dun milleiro de estudantes de diferentes concellos de Galicia e de dous centros escolares de Euskadi e Catalunya, que puxeron en valor o bertsolarismo vasco e a glosa catalá. Nesta festa da cultura galega houbo tamén un oco para o tradicional folión ourensán. Subiron ao escenario artistas cunha longa traxectoria na regueifa como Alba María, Josinho da Teixeira, Séchu Sende ou Manolo Maseda, mais tamén puido amosar o seu potencial a “canteira” desta disciplina de canto.

Premios ‘Enreguéifate’

Por outra banda, durante o acto entregáronse tamén os premios ‘Enreguéifate’ —tanto de categoría xeral coma escolar—, promovidos polos concellos de Santiago, Ames, Teo e Carballo. Os galardóns entregados fixeron referencia á regueifa máis brava, a máis aguda,  máis diversa, a máis reivindicativa e á mellor cantada.