Está a ter lugar a III Xornada “Abordaxe do Senfogarismo en Compostela”, promovida polo Concello para mellorar a acción administrativa que presta ás persoas sen fogar. Achega de recursos e novos plans con especial atención ao acceso á vivenda que, como explica o alcade, farán de Santiago “unha das cidades galegas pioneiras” no servizo e axuda ás persoas sen fogar.
Tamén se presentou o Proxecto de Atención Integral para as persoas sen fogar, que conta cun centro de acollida en Belvís con novidades como recursos de día, sitios verdes e instalacións que dan cabida á intimidade a diferencia dos actuais recursos. O Concello pretende que esté en funcionamento antes de que acabe a lexislatura.