Compostela súmase outro ano máis á celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI. O 28 de xuño lémbranse a nivel internacional os disturbios de Stonewall de 1969, que marcaron o inicio do movemento de liberación homosexual. O concello quere participar cunha serie de actos que presentaron hoxe en rolda de prensa.
"Compostela é unha cidade diversa". @MLoisgonzalez presentou as actividades con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI pic.twitter.com/i8GXs0eJmj
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 de junio de 2017
Unha aposta por visibilizar e normalizar as diversidades sexuais
Compostela segue sendo unha cidade que está en contra da transfobia tal e como explicou a concelleira Marta Lois. Andrés Domínguez, de Amizando, asegurou na súa intervención que Compostela é unha cidade na que se respectan as diversidades sexuais. Aproveitou a ocasión para convidar a todo o mundo a participar nos actos.
Compostela é unha cidade diversa
Quique Latorre, de @UltreiaLgtbi apostou por construír a #CompostelaDiversa que aínda está por vir https://t.co/PACu9ji3uv pic.twitter.com/gi4pORcRto
— Nós Televisión (@NosTelevision) 21 de junio de 2017
María Reimóndez, Carlos Callón, Carme Adán ou Laura Bugalho serán, entre outras moitas persoas, protagonistas do conxunto de actividades que comezarán o vindeiro 28 de xuño e que se prolongarán ata o día 8 de xullo.
Exposicións
Ademais de actos haberá dúas exposicións de temática trans. Do 3 ao 8 de xullo o Centro Sociocultural das Fontiñas acolle a exposición Miradas trans*gresoras e do 6 de xullo ao 12 de novembro, o Auditorio de Galicia acollerá a exposición Alén dos xéneros.