Home Programas Área Compostela Compostela, territorio da memoria

Compostela, territorio da memoria

0
Compostela, territorio da memoria

O Concello de Santiago outorgará nunha ceremonia oficial os Títulos, Honras e Condecoracións a título póstumo a aqueles persoeiros que “contribuiron ao relato da cidade”, así como á cultura e sociedade galegas.

O título de Alcalde de Honra será para Ánxel Casal Goxende, quen foi último alcalde republicano de Compostela antes do levantamento militar e de ser asasinado en agosto do 36. Ademáis, o súa continua “defensa da cultura”, como nos explica Pablo Couceiro, e aportacións á literatura son partes imprescindibles da súa traxectoria.

A Filla Predilecta, que se lle outorga aos nados na cidade, será para Xohana Torres, unha das grandes literarias galegas que deixou unha extensa obra en diversas disciplinas, pero que sobre todo destaca na poesía. Outra escritora merecidamente homenaxeada é Begoña Caamaño, que malia só escribir dúas novelas, deixou unha profunda pegada como xornalista e sobre todo como activista feminista. Ela recibirá  título de Filla Adoptiva. Outro escritor galardoado será Federico García Lorca, tamén Fillo Adoptivo, que rendiu homenaxe á nosa terra e á nosa cultura no seu libro “Seis poemas galegos”.

Por último, Bibiano Morón e Benedicto García serás as dúas persoas que reciban o título de Fillo Adoptivo, pola súa contibución social mediante a música de denuncia.