Trazar o futuro da mobilidade no Concello de Santiago poñendo de acordo aos catro grupos políticos representados no consistorio e á cidadanía era a idea ambiciosa que se iniciou en novembro de 2015 e que podería ver o seu primeiro froito mañá no pleno ordinario. Así o anunciou o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, na sala de prensa do Pazo de Raxoi.
Priorizar as persoas
Logo dun ano de traballo na procura do consenso, o Pleno municipal debaterá mañá este pacto que procura priorizar as persoas fronte o vehículo privado e pretende establecer un novo modelo de cidade para os vindeiro anos
O edil explicou os oito principios xerais que acolle o documento e que apostan pola accesibilidade e a sustentabilidade. O concelleiro responsabel deu conta de que o Concello priorizará os “desprazamentos a pé, en bicicleta e en transporte público, por riba do vehículo privado”
O Pacto local de mobilidade que aprobará o Pleno non contempla exemplos concretos pois esta é unha das premisas que solicitaban os grupos da oposición para poder subscribilo. Na mesma comparecencia Jorge Duarte explicou a intención que o seu departamento está a estudar a maneira de fomentar o uso da bicicleta na cidade.
.@jorgeduarteva deu conta das novas prioridades na mobilidade compostelá contemplatas no Plan https://t.co/fcJVXoUcXj Primeiro, as persoas pic.twitter.com/U2HP1fc0Vu
— Nós Televisión (@NosTelevision) 18 xaneiro 2017
Na mesma rolda de pernsa, Jorge Duarte deu conta do estado das obras de Vista Alegre e afirmou que manterá hoxe mesmo unha reunión coa veciñanza para informar da situación actual.
Descarga o Pacto pola mobilidade