Santiago de Compostela é a cidade elixida pola Organización Médica Colexial para celebrar o terceiro Congreso de Cooperación Internacional, que se desenvolverá en xaneiro de 2019. O obxectivo deste evento é dar apoio a aqueles profesionais que se atopan con numerosas dificultades á hora de traballar coma voluntarios noutros países.
O Concello de Santiago amosa a súa predisposición a participar desta iniciativa e tende a man ao Colexio de Médicos da Coruña para colaborar na medida do posible.
Martiño Noriega: “Pola súa temática, coa que estamos totalmente sensibilizados”
O Congreso, que se celebrará en xaneiro de 2019 coas datas aínda por confirmar, acollerá a preto de catrocentas persoas.