Compostela será esta fin de semana a capital do Esgrima

Máis de 150 tiradores e tiradoras de Galiza e de diversos puntos de Estado competirán na capital no Ranking Galego de Espada e no Ranking Estatal de Espada e Florete.

Compostela será esta fin de semana a capital do Esgrima coa celebración do XI Open Compos de Esgrima no que participarán máis de 150 tiradores e tiradoras de Galiza e de diversos puntos do Estado. O evento presentouno no Pazo de Raxoi a concelleira de Deporte, Noa Morales, e o presidente da Asociación Compostela Esgrima, Xosé Piñeiro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

O sábado comezará o Ranking Galego do Estado masculina onde repite como favorito Álvaro Calderón, gañador en 8 das 10 edicións do torneo.

Está confirmada a participación de deportistas procedentes de Tenerife, Madrid, Oviedo, Valladolid e Burgos. A última proba será a de espadistas cadetes, menores de 17 anos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -