O campo das Cancelas en Santiago de Compostela, acollerá o I torneo Internacional Feminino de Fútbol Gaélico, a partires das 15:30 horas deste vindeiro sábado. Trátase dun campionanto organizado polo equipo da cidade, o Estrela Vermelha.
O @EstrelaFg e o Concello traen á capital galega o mellor do gaélico feminino europeo na primeira experiencia deste tipo no noso país https://t.co/Xz81wNdS9y pic.twitter.com/ZIrsTFynVk
— Nós Televisión (@NosTelevision) September 13, 2018
Potenciar e promocionar o fútbol gaélico
Neste torneo participarán catro equipos: As fillas de Breogán da Coruña, Auriense de Ourense, o propio clube organizador, e un invitado internacional como son as decacampionas de Europa, as Belgium Legends. Este torneo foi presentado hoxe no Pazo de Raxoi pola propia pola concelleira de Deportes, Noa Morales.
Un torneo “de moitísimo nivel
Tamén estiveron presentes dúas xogadoras do Estrela Vermelha, Uxía Castro e Ánxela Estévez, ademáis do seu presidente, Brais Prieto, que incidiron que será un torneo de moitísimo nivel, amáis de servir como promoción deste descoñecido deporte.
Uxía Castro explicou tamén o que fai especial a liga galega, a diferenza das demáis ligas europeas.
O fútbol gaélico trátase dun deporte amateur. Onde os e as mellores xogadoras non cobran por xogar, e promove a cultura do “terceiro tempo”, onde prima a camaradería entre rivais.