A Xunta Local de Seguridade reunida en Raxoi constatou os baixos índices de criminalidade dos últimos quince meses. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán, explicaron aos medios de comunicación as conclusións da Xunta Local de Seguridade celebrada hoxe no Pazo de Raxoi.
Lonxe do relato mediático alarmista, o subdelegado do Goberno recoñecía que Compostela é unha cidade especialmente tranquila.
Medo e indefensión nos Campus da cidade
A Xunta Local de Seguridade analizou as queixas formuladas por estudantes da Universidade de Santiago de Compostela en relación á seguridade nos campus e a posibles casos de violencias machistas. Na comparecencia diante dos medios, ambos fixeron fincapé na necesidade de “presentar as correspondentes denuncias”.
Aquivo: “Non queremos ser valentes, queremos ser libres: O campus tamén nos pertence”
Seguridade viaria
Na Xunta local de Seguridade tamén se analizou a evolución dos datos relacionados coa seguridade viaria, e máis en concreto cos atropelos. No primeiro trimestre do ano rexistráronse 19, fronte aos 25 do mesmo período de 2017. o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro que se están a reforzar a sinaléctica en varios espazos da cidade.