Compostela segue a pular pola música ao vivo

O Concello modifica de xeito provisional as ordenanzas de ruídos e terrazas co obxectivo de dotar de seguridade xurídica ás actuacións en directo nos locais da cidade

O Concello de Santiago aprobou este venres en Xunta de Goberno unha modificación provisional nas ordenanzas de ruídos e terrazas. Esta medida ten por obxectivo adaptar á institución no marco da nova Lei de Espectáculos de Galicia, así como dar os primeiros pasos para dotar de seguridade xurídica as actuacións de música ao vivo nos locais da cidade.

Outros asuntos

Noutra orde de asuntos, o grupo de Goberno adxudicou un paquete de obras por un valor superior aos 725.000 euros en diferentes puntos da cidade. Entre estas actuacións, cómpre salientar a reparación de rúas como Bispo Diego Peláez ou Espírito Santo, así como as obras de mellora de accesibilidade ao campo de Santa Isabel.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Por outra banda, o alcalde anunciou a adxudicación do contrato que permitirá a instalación de bolardos de seguridade no acceso á rúa de San Francisco. Esta actuación levarase a cabo nas vindeiras datas e terá un prazo de execución de dous meses e un orzamento de máis de 100.000 euros.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -