Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns de Santiago acolleu unha xornada de debate e participación ao redor da relación que existe entreo turismo e a cidade e como mellorala. Ao longo de todo o día expertos en turismo como Joan Torrella, director de turismo do concello de Barcelona ou Violeta Matas, responsable da área de turismo da Federación española de municipios e provincias, explicaron varias experiencias.
No Foro participaron tamén representantes da hostelaría e o comercio local e tamén a veciñanza. Martiño Noriega salientou a importancia dos pasos que se están a dar ao redor do turismo de Santiago.
No Foro, convocado pola concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, participou tamén a súa responsable, Marta Lois e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Habitabilidade, Jorge Duarte. A presentación realizouna o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.