O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia e secretario da Xunta de Goberno, Xan Duro, informou hoxe en rolda de prensa que Compostela contará co préstamo do Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) para a renovación de instalación de alumeado público exterior municipal. A solicitude desta axuda foi polémica no seu momento pola negativa deste organismo español a a aceptar documentación escrita en galego, situación que afectou a varios concellos ademáis de ao de Santiago.
Compostela recibirá finalmente as axudas do IDAE negadas nun principio por estar en galego https://t.co/HubF2hBCAc pic.twitter.com/k0OfY2T5Tf
— Nós Televisión (@NosTelevision) 13 xaneiro 2017
Con esta axuda o concello pensa substituir 2.442 luminarias para incorporar fontes de luz de alta eficiencia e rendemento (LEDS) e dispositivos que permiten a súa regulación de forma programada.
Segundo sinalou o edil esta actuación permitirá a Compostela aforrar 240.000 euros anuais e deixar de emitir case medio millón de toneladas de dióxido de carbono en dez anos.