Home Programas Área Compostela Compostela recibe a versión de Voadora de “Soño dunha noite de verán”

Compostela recibe a versión de Voadora de “Soño dunha noite de verán”

0
Compostela recibe a versión de Voadora de “Soño dunha noite de verán”

“Soño dunha noite de verán” do autor William Shakespeare ten moito de máxico, mais nesta ocasión o dramaturgo chileno Marco Layera opta por dárlle un toque persoal introducindo palabras do propio autor e tamén temáticas actuais, como por exemplo a liberdade de escolla e a consecuente identidade de xénero ou a revolución feminista.

A rolda de prensa foi presentada pola concelleira de Facenda, María Rozas, que explicou a distribución das funcións en Compostela. Tanén estiveron o actor e compositor Hugo Torres e o produtor do espectáculo, José Díaz.

Cambio xeracional

Soño dunha noite de verán” tamén conta co apoio da Deputación da Coruña

Desde Voadora tamén contan cun público de rapazas e rapaces de bacharelato. Neste caso, a produtora destaca o cambio xeracional que se observa xa que, en palabras de Torres, “os e as adolescentes teñen a mente moito máis aberta a cuestións de xénero”. En total, traballan no proxecto arredor de 40 persoas, das cales 13 viaxan na xira. Segundo indicou José Díaz, “está funcionando moi ben e está tendo moi boa acollida”.

A dirección da obra correspóndelle a Marta Pazos. As entradas poden mercarse en entradas.abanca.com ou no despacho de billetes do Teatro Principal, entre outros.