Home Programas Área Compostela Compostela prepárase para despedir o ano coa quinta edición da San Silvestre

Compostela prepárase para despedir o ano coa quinta edición da San Silvestre

0
Compostela prepárase para despedir o ano coa quinta edición da San Silvestre

O Concello organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, a quinta edición da San Silvestre compostelá, que dará comezo o día de Noitevella ás 18 horas. Un ano máis centos de atletas, profesionais e afeccionados, despedirán o ano enchendo a cidade de cor por mor dos seus disfraces, nunha xornada na que as rúas estarán repletas de xente que realiza as últimas compras para este Nadal.

O percorrido deste ano terá unha lonxitude de 5’5 kilómetros e discorrerá, principalmente, por terreo chan. A proba comezará e rematará na praza do Obradoiro, pasando polos lugares máis emblemáticos da cidade, tales como a rúa Virxe da Cerca, a Alameda ou a praza de Praterías. O circuíto deste ano será, en palabras do delegado da Federación Galega Iván Sanmartín, “rápido, fermoso e asequible” para tódalas participantes.

Un percorrido “rápido, fermoso e asequible”

A inscrición terá un prezo de 6 euros para a categoría de adultos e poderase realizar, até o 28 de decembro, a través do sitio web www.sansilvestresantiago.com, no Campo de Santa Isabel ou no Multiusos Fontes do Sar. Poderán participar de balde os nenos e nenas menores de 14 anos e aquelas persoas que tivesen participado no circuíto ‘CorreSan’ deste ano.