Compostela participará, xunto cos concellos de Madrid, Zaragoza e A Coruña, no proxecto “Plataforma de Goberno aberto, colaborativo e interoperable“. O proxecto resultou beneficiario da II Conferencia de Cidades Intelixentes do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.