Home Programas Área Compostela Compostela participará no Congreso “Retos e desafíos do desenvolvemento local”

Compostela participará no Congreso “Retos e desafíos do desenvolvemento local”

0
Compostela participará no Congreso “Retos e desafíos do desenvolvemento local”

O concello de Santiago ten previsto participar no congreso “Retos e desafíos do desenvolvemento local”, que terá lugar os días 16 e 17 de novembro en Madrid. Explicouno en rolda de prensa a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois.

Toda a información sobre o congreso

Un espazo de diálogo sobre o emprego responsable, o desenvolvemento sostible, innovación e economía social

O Congreso contará con persoas expertas de primeiro nivel nestas áreas, como a investigadora Miren Estensoro García ou Carlos Trías, conselleiro do Comité Económico e Social Europeo. Marta Lois sinalou que este encontro ten destinatarios e obxectivos moi determinados e que Compostelá trasladará a súa aposta, nos últimos anos, pola economía circular.

https://nostelevision.gal/economia-circular-centrara-feira-de-innovacion-para-o-emprego-fie-2017/

Único concello galego que participa

O Concello de Santiago participa na mesa “Aplicación dos novos modelos económicos ao ámbito local

Este congreso é a primeira das actividades que realiza REDEL, a rede na que participa o concello de Santiago e outras entidades expertas en desenvolvemento local. Compostela é o único participante galego no grupo no que tamén traballan Valencia Emprende, Barcelona Activa, o Instituto Leonés de Desarrollo Económico, Formación y Empleo e o Instituto Municipal de Desarrollo y Empleo de Córdoba, entre outros