Os materiais comercializados polo Concello esgotáronse en dúas ocasións grazas á involucración de máis de setecentos negocios da cidade. Un ano máis, a cidadanía envía unha clara mensaxe de unidade a prol da igualdade e contra as violencias machistas.
O alcalde e a concelleira de Igualdade, en compañía dos voceiros dos grupos da oposición, visitaron catro comercios involucrados coa campaña. Compostela non se esconde, quere dicir alto e claro e con orgullo que as violencias machistas non teñen cabida nesta cidade. É o caso da tenda Emilio Iglesias, que cada ano converte o seu escaparate nun expositor no que calquera persoa pode poñer o seu gran de area en defensa da igualdade.
Esta nova edición da campaña ‘En negro contra as violencias’ conseguiu traspasar as súas fronteiras e involucrar a tres deputacións e máis de setenta concellos de toda Galicia.
Éxito absoluto da campaña #CompostelaEnNegro
Por terceiro ano consecutivo, éxito absoluto da campaña 'Compostela en negro'Máis info: https://nostelevision.gal/compostela-mais-solidaria-amosa-seu-rexeitamento-as-violencias-machistas/
Publicada por Nós Televisión en Jueves, 23 de noviembre de 2017