Compostela máis accesible a través dunha APP para persoas con discapacidade auditiva e visual

As novas tecnoloxías están a facilitar o acceso, tamén, da cidade de Santiago ás persoas con discapacidade visual e auditiva. A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, ven de presentar acompañada polo director xeral da Fundación Orange, Manuel Gimeno, e do director da empresa GVM, Jaime Solano, unha nova aplicación móvil accesible para persoas con discapacidade auditiva e visual.

- Publicidade -

Jaime Solano salientou a importancia de levar este tipo de aplicacións ás ciudades que forman parte do patrimonio da humanidade.

Manuel Gimeno, polo seu lado, informou de que esta aplicación non lle custou nada a concello e forma parte dun proxecto que pon en valor as chamadas cidades intelixentes.
A edil compostelá salientou que esta nova aplicación encaixa con novo modelo de cidade no que se está a traballar desde o seu departamento.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego