Home Programas Área Compostela Compostela lembrará o Día do Alzheimer coa obra teatral “Na butaca”

Compostela lembrará o Día do Alzheimer coa obra teatral “Na butaca”

2
Compostela lembrará o Día do Alzheimer coa obra teatral “Na butaca”
SONY DSC

Unha das doenzas máis importantes deste século, o Alzheimer, ten a nivel mundial o 21 de setembro como data de sensibilización. Este ano o concello de Santiago colaborará na estrea ese mesmo día, da obra teatral “Na butaca”, un alegato poético ao redor dos seus efectos nas persoas e na sociedade.

O Concello de Santiago colabora “diariamente” con AGADEA cedendo espazos para o desenvolvemento do traballo da asociación

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, presentou a actividade aos medios de comunicación acompañada pola dramaturga e directora, Esther Carrodeguas; a actriz Pepa Barreiro; o director de Galaxia, Francisco Castro, e a presidenta de Agadea, Isabel Gey.

Isabel Gey: “Os nosos bebés poderán chegar ata os 100 anos; temos que comezar a pensar en proxectos de vida moi longos”

Isabel Gey, Presidenta de Agadea(Asociación Galega Para A Axuda Dos Enfermos de Alzheimer) lembrou, desde a experiencia, de facer cada un a súa vida e o tempo coidar dos nosos maiores.

Un “alegato poético” do equecemento

A obra aborda, escrita e dirixida por Esther Carrodeguas, pretende presentar dun xeito poético e optimista o esquecemento e ser un “alegato a favor da vida digna no presente” A dramaturga e directora explicou aos medios de comunicación que o texto é unha aposta optimista malia tratarse dun tema como o Alzheimer. Pola súa banda, a actriz Pepa Barreiro, protagonista da obra, que agradeceu a oportunidade de tratar enriba do escenario un tema que viviu na súa vida familiar.

GALAXIA publicará a obra

Polo seu lado o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro, anunciou que a obra será publicada como forma de darlle visibilidade á nova dramaturxia galega.