Home Programas Área Compostela Compostela lembra o Día Mundial Dano Cerebral Adquirido

Compostela lembra o Día Mundial Dano Cerebral Adquirido

0
Compostela lembra o Día Mundial Dano Cerebral Adquirido

A praza do Obradoiro lembrou nun acto o Día do Dano Cerebral Adquirido. Membros da Asociación Sarela de Compostela, comezando polo seu presidente José Balboa, leron un manifesto no que denuncian a falta de apoios e o silenciamento do seu colectivo, por outra parte moi numeroso.

No acto estiveron presentes a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e outros representantes dos catro grupos municipais con representación no concello de Santiago.