Home Programas Área Compostela Compostela implícase contra o Cancro de Mama

Compostela implícase contra o Cancro de Mama

0
Compostela implícase contra o Cancro de Mama

A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, presentou en rolda de prensa as actividades que desenvolverá o concello conxuntamente coa Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro con motivo do Día Mundial contra o Cancro. Na presentación participaron tamén Luz Hernández e Antonio Guerrero presidenta e o vicepresidente desta asociación.

En total serán 15 días de actividades, do mércores 19 ao domingo 23, na que os autobuses urbanos levarán carteis e lucirán un lazo rosa. O mesmo 19 iluminaranse os balcóns do Pazo de Raxoi, as torres Hejduk da Cidade da Cultura e a fachada do Concello de Ames de cor rosa, a cor simbólica do cancro de mama.

Desde a Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro reclamouse máis implicación por parte das administracións para loitar contra esta enfermidade.

O cancro de mama é o tipo de cancro máis habitual na muller, cunha incidencia anual de 25.000 casos no Estado español. Desde a Asociación Española contra o Cancro recomendan realizar mamografías periódicas entre os 50 e os 69 anos.