
O legado de Carlos Maside, patrimonio público, volta a Compostela. Cúmprese así a vontade do artista, que quería que esta obra súa ficase na cidade na que viviu e morreu. No seu momento non se atopou lugar onde expoñela, así que se levou a Vigo, onde as condicións tampouco eran idóneas, como nos explica o seu sobriño neto, Xulio Maside.
Longas negociacións
Xa no ano 92 comenzaran as negociacións co Concello da man do entón alcalde Ángel Currás. Negociacións que remataron esta mañá ao formalizar a adquisición das 21 pezas por algo máis de 400 mil euros. Inicialmente, o legado de Maside estará exposto a partir de agora nun espazo de Fonseca propiedade na Universidade de Santiago, que ten o seu acceso polo Xardín das Pedras que Falan

Na mañá deste pasado mércores, a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, en calidade de presidente do Consorcio de Santiago, asinaron o convenio polo que se acorda o financiamento para comprar o legado Maside e expoñelo en Santiago de Compostela. Trátase dun importante legado que supón unha “autoantoloxía” e o “testamento pictórico” dun dos máis relevantes artistas do século XX e que permanecerá na cidade en que o artista tivo o seu estudio.
Un traballo promovido pola ‘Plataforma Cidadá Carlos Maside’
Conséguese, desta maneira, manter a unidade da colección que queda blindada como patrimonio público fronte á posible dispersión en distintas mans. O convenio pon fin así á demanda prolongada no tempo da Plataforma Cidadá Carlos Maside que defendía a necesidade de conservar unido o legado do artista, dispolo para a exposición na cidade en que el creou e que pasara a formar parte do patrimonio público.