Home Espazo Aberto Cultura Compostela homenaxeará hoxe a Luz Fandiño con poemas e café baixo o título de ‘Luciferio’

Compostela homenaxeará hoxe a Luz Fandiño con poemas e café baixo o título de ‘Luciferio’

0
Compostela homenaxeará hoxe a Luz Fandiño con poemas e café baixo o título de ‘Luciferio’
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

‘Lucifero’, homenaxe a Luz Fandiño. Baixo este título, a cidade de Compostela homenaxeará este martes á poeta e activista Luz Fandiño. Ás 20 horas, na cafetería cultural Aires Nunes Café, na rúa do Vilar, reuniranse unha diversidade de poetas, amigos e amigas da homenaxeada, para recitar poemas na súa honra. Elas son Iolanda Aldrei, Diego Horschovski, Alexandre Brea, Zeltia Irevire, Andrea Valle Alonso, Peter Brea, Ángel Marcelo, Petri Daza e Laura Lamontagne.

Luz Fandiño naceu no barrio compostelán de Sar en 1931, é unha escritora e activista galega. En 1952 emigrou a Arxentina e, anos despois, en 1964, a Francia. En 1979 retornou a Galicia onde reside ata a actualidade. Entre as súas obras se atopa Faranguiña de neve (1998), A liberdade ten as de vento (2013) e O pracer de envellecer (2014). Pero, sobre todo, é un emblema de loita antifascista, feminista e nacionalista. Hai escasos días protagonizaba en Nós Televisión a nova entrega do programa Retrincos.