O Concello de Santiago vén de presentar a convocatoria dunha liña de subvencións para as asociacións veciñais. Trátase, en concreto, dunha contía de 100.000 euros disposta para financiar actividades “de interese xeral”. As propostas poderanse presentar, no Rexistro Xeral do Concello ou o Rexistro Auxiliar do Ensanche, até o vindeiro 17 de agosto, cumprindo as bases estipuladas na convocatoria.
Cada unha das iniciativas presentadas optarán a unha contía máxima de 3.000 euros. Así e todo, a diferenza das convocatorias anteriores, desta volta empregarase o remanente non adxudicado para complementar as actividades gañadoras do concurso, dun xeito proporcional.