Home Programas Área Compostela Compostela está preparada para o Xacobeo 2021? A incerteza tras ‘o colapso’ desta semana

Compostela está preparada para o Xacobeo 2021? A incerteza tras ‘o colapso’ desta semana

0
Compostela está preparada para o Xacobeo 2021? A incerteza tras ‘o colapso’ desta semana

As retencións na circulación viaria e os retrasos do transporte público marcaron os últimos días en Compostela ante a chegada do mal tempo. Este ‘colapso’ puntual vivido na cidade, marcada polo aumento de turistas -especialmente os que chegaron da costa-, deixa sobre a mesa a incerteza sobre o futuro de Compostela de cara o 2021, ano Xacobeo no que se prevé que multiplique por cen a súa poboación. O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, recoñece que se fixo a mesma pregunta aínda que desbota preocuparse. O rexedor apunta como máxima solución á construción de máis aparcamentos en áreas que eviten a entrada no centro da cidade.