Compostela esixe a fin “crueis políticas migratorias” no Día Mundial das Persoas Refuxiadas:

O Concello de Santiago volve amosar o seu compromiso na acollida de migrantes. A praza do Obradoiro conmemorou este mércores o Día Mundial das Persoas Refuxiadas, nun acto no que se reivindicou a libre circulación das persoas e a fin das “crueis políticas migratorias” dunha Unión Europea que só lembra aos refuxiados “cando acontecen casos mediáticos coma o do Aquarius”.

De Siria a Compostela

As políticas da UE fracasan

Fadile Chami, integrante da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, fuxiu de Siria hai unha década para asentarse en Galicia. Dende a súa experiencia propia axudando ás persoas migrantes que chegaron ao país dende o 2015, considera que as actuais políticas do Estado son un “fracaso” para as familias que piden asilo fuxindo da guerra.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Chami agarda que aos concellos de Santiago, Ames ou Teo se sumen nas vindeiras datas outros novos que “abran as portas” ás persoas refuxiadas e as axuden a adaptarse do mellor xeito posíbel. A capital galega rexistra unha nova ruta de peregrinación, neste caso solidaria, e transcorre de Siria a Compostela.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -