Santiago de Compostela é, dende a súa fundación, o epicentro mundial das peregrinacións relixiosas e espirituais. Dende o ano 2011, a cidade recibe tamén aos “peregrinos musicais”. O festival de música clásica que leva o devandito nome celebra, do 28 de xuño ao 4 de xullo, a súa oitava edición con sete concertos protagonizados por artistas procedentes de nove países diferentes.
O festival ‘Peregrinos Musicais’ achega a Compostela sete concertos de músicos internacionais
Ao Teatro Principal, o Auditorio de Galicia e a Catedral engádense este ano o Salón Teatro, o Paraninfo da USC e o Auditorio de Sanxenxo como escenarios do evento. Porén, manterá intacto o seu “espírito” e os “valores” que o caracterizan
Trátase dun festival consolidado ano tras ano que axuda a visibilizar Compostela como unha “cidade musical”. Desta volta haberá, asemade, catro concertos de “novos talentos”.
As entradas para os diferentes concertos serán de balde para os mozos e mozas menores de 18 anos, e terán un prezo que roldará os 7 euros para o público en xeral.